Abrir sesión
logo

DEFENSA FRONTE ÁS CIBERAMEAZAS

barra-separadora

A intensidade e sofisticación dos ciberataques dirixidos contra as empresas, cunha precisión cirúrxica, e cuxo principal obxectivo é o roubo de información e a ciberespionaxe industrial, increméntase día a día. O alto custo, non só económico senón de imaxe, estabilidade e servizo, que representan, unido ás graves repercusións destes no conxunto da sociedade, situou a ciberseguridade destas organizacións como un dos principais retos dos gobernos de todo o mundo e tamén do noso. Máxime no caso de ciberataques contra empresas e organizacións de interese estratéxico, que son claves para a seguridade nacional e para o conxunto da economía española (de defensa, enerxético, financeiro, sanitario, TIC, de transporte, químico etc.).

Co fin de contribuír á necesaria colaboración público-privada, capaz de compatibilizar iniciativas e propiciar o intercambio de información, o CCN-CERTpon á disposición das empresas estratéxicas unha serie de servizos cos que afrontar de forma activa as novas ciberameazas. Non en balde, o CERT Gobernamental español, e pola normativa vixente, ten responsabilidade en ciberataques sobre sistemas clasificados, sistemas da Administración e de empresas de sectores estratéxicos.

É vocación, polo tanto, do CCN-CERT proporcionar todo o apoio posible para protexer o patrimonio tecnolóxico españole tentar mitigar esta ameaza mediante información e apoio técnico para que as empresas poidan facerlle fronte a este grave risco.

Todas aquelas empresas que pertenzan a algún sector estratéxico poden contactar co CCN-CERT e, a través dun convenio de colaboración, acceder a unha ampla gama de servizos que se detallan máis abaixo.

Volver

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Modificar configuración