Abrir sesión
logo

DEFENSA FRONTE ÁS CIBERAMEAZAS

barra-separadora

O CCN-CERT é a capacidade de resposta a incidentes de seguridade da información do Centro Criptolóxico Nacional, CCN, adscrito ao Centro Nacional de Intelixencia, CNI. Este servizo creouse no ano 2006 como CERT Gobernamental Nacional español e as súas funcións quedan recollidas na Lei 11/2002, reguladora do CNI, no Real decreto 421/2004, de regulación do CCN, e no Real decreto 3/2010, do 8 de xaneiro, regulador do Esquema Nacional de Seguridade, modificada pola Real Decreto 951/2015, do 23 de outubro.

De acordo con esta normativa, o CCN-CERT ten responsabilidade en ciberataques sobre sistemas clasificados e sobre sistemas das administracións públicas e de empresas e organizacións de interese estratéxico para o país (aqueles que son esenciais para a seguridade nacional e para o conxunto da economía española).

A súa misión, polo tanto, é contribuír á mellora da ciberseguridade española, e é o centro de alerta e resposta nacional que coopera e axuda a responder de forma rápida e eficiente aos ciberataques e a afrontar de forma activa as ciberameazas, incluíndo a coordinación no eido público estatal das distintas capacidades de resposta a incidentes ou centros de operacións de ciberseguridade existentes.

Todo iso, co fin último de conseguir un ciberespazo máis seguro e fiable, preservando a información clasificada (tal e como recolle o artigo 4.F da Lei 11/2002) e a información sensible, defendendo o patrimonio tecnolóxico español, formando o persoal experto, aplicando políticas e procedementos de seguridade e empregando e desenvolvendo as tecnoloxías máis adecuadas para este fin.

Máis información:

Volver

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Modificar configuración