Abrir sesión
logo

DEFENSA FRONTE ÁS CIBERAMEAZAS

ÚLTIMA HORA


barra-separadora

O Centro Nacional de Intelixencia é o organismo público responsable de lle facilitar ao presidente do Goberno e ao Goberno da nación as informacións, análises, estudos ou propostas que permitan previr e evitar calquera perigo, ameaza ou agresión contra a independencia ou integridade territorial de España, os intereses nacionais e a estabilidade do Estado de dereito e as súas institucións.

A súa creación no ano 2002 xurdiu da necesidade de dispoñer en España dun servizo de intelixencia especializado e moderno, capaz de afrontar os novos retos do escenario nacional e internacional.

O CNI réxese polo principio de sometemento ao ordenamento xurídico e leva a cabo as súas actividades específicas no marco das facultades expresamente establecidas na Lei 11/2002, do 6 de maio, reguladora do CNI, e na Lei orgánica 2/2002, do 6 de maio, reguladora do control xudicial previo do Centro Nacional de Intelixencia.

O secretario de Estado director do Centro Nacional de Intelixencia é nomeado por real decreto por proposta do Ministro de Presidencia. O seu mandato é de cinco anos, sen prexuízo da facultade do Consello de Ministros de proceder á súa substitución en calquera momento.

Volver

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Modificar configuración