Abrir sesión
logo

DEFENSA FRONTE ÁS CIBERAMEAZAS

ÚLTIMA HORA


barra-separadora

O Centro Criptológico Nacional (CCN) é o Organismo responsable de coordinar a acción dos diferentes organismos da Administración que utilicen medios ou procedementos de cifra, garantir a seguridade das Tecnoloxías da Información nese ámbito, informar sobre a adquisición coordinada do material criptológico e formar o persoal da Administración especialista neste campo.

O CCN foi creado no ano 2004, a través do Real decreto 421/2004, adscrito ao Centro Nacional de Intelixencia (CNI). De feito, na Lei 11/2002, do 6 de maio, reguladora do CNI, encoméndase ao devandito Centro o exercicio das funcións relativas á seguridade das Tecnoloxías da Información e de protección da información clasificada, a un tempo que se confire ao seu Secretario de Estado Director a responsabilidade de dirixir oCentro Criptológico Nacional. Por iso, o CCN comparte co CNI medios, procedementos, normativa e recursos.

Volver

Este sitio web utiliza cookies propias y de terceros para el correcto funcionamiento y visualización del sitio web por parte del usuario, así como la recogida de estadísticas. Si continúa navegando, consideramos que acepta su uso. Puede cambiar la configuración u obtener más información. Modificar configuración