SAT SARA

O sistema de alerta temperá (SAT) da rede SARA (SAT-SARA)* é un servizo desenvolvido polo CCN-CERT en colaboración co Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (organismo responsable da rede SARA).

O seu obxectivo é a detección en tempo real de ataques e ameazas, levado a cabo a través da análise do tráfico de rede que circula entre as redes dos organismos das administracións públicas conectados á rede SARA. O sistema compleméntase coa análise doutras fontes de detección (devasa, antivirus, proxy e DNS) que é recollida por un sistema central para a súa análise e correlación. En ningún momento o sistema se centra na análise do contido do tráfico que non sexa relevante na detección dunha ameaza.

Os organismos adscritos ao sistema reciben información do estado de seguridade da súa rede a través do propio CCN-CERT. Ademais, está a desenvolverse un portal de informes que ofrecerá estatísticas e documentación, baixo demanda, sobre o estado xeral da seguridade. Con estas ferramentas, os responsables dos organismos dispoñen de información valiosa para a preservación da seguridade nas súas respectivas redes.

Fig. Arquitectura red SARA

Contacto

Clave PGP

* A rede SARA (sistema de aplicacións e redes para as administracións) é un conxunto de infraestruturas de comunicacións e servizos básicos que conecta as redes das administracións públicas españolas e institucións europeas, e facilita o intercambio de información e o acceso aos servizos. A súa implantación establécese como unha obrigación no artigo 43 da Lei 11/2007 de acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos e no artigo 13 do Real decreto 4/2010 que regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica. A Resolución do 19 de xullo de 2011 aproba a norma técnica de interoperabilidade de requisitos de conexión á rede de comunicacións das administracións públicas españolas, e establece as condicións nas que calquera órgano dunha administración ou entidade de dereito público vinculada ou dependente daquela accederá á rede SARA.

Ministerio de Defensa
CNI
CCN
CCN-CERT